Pesar polo pasamento de Ricardo Aguilar Argenti

164

O Concello de Pontevedra lamenta a perda do exconcelleiro Ricardo Aguilar Argenti e trasmítelle as súas condelencias a toda a súa familia, así como a todos os seus amigos, achegados e compañeiros de Corporación e do Partido Popular.

Ricardo Aguilar está moi presente aínda na vida municipal da que formou parte até o pasado mes de xuño. Durante todos os anos que participou na Corporación amosouse como un digno representante da sociedade pontevedresa, destacando polas súa prestancia, elegancia e coidados nas formas, tan importantes na vida política.

Gran coñecedor do urbanismo pontevedrés, o Concello e a cidade de Pontevedra están de loito na xornada de hoxe ao perder a tan recente representante dos veciños.