O XVIII Open de Taekwondo Cidade de Pontevedra reunirá a 1.250 deportistas no Pavillón

66

Arredor de 1.245 deportistas, de 74 clubs, disputarán o próximo sábado, 31 de outubro e domingo 1 de novembro, o XVIII Open Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra. Ademais dos atletas participarán no evento de xeito activo 155 técnicos e delegados e 65 árbitros.

Haberá 12 tapices no Pavillón Municipal de Deportes o que fala da dimensión da competición, explica Miguel Cortegoso, do Club Mace Sport, promotor do evento que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e do Instituto Municipal de Deporte (IMD). Ademais, engade, haberá unha ampla representación de equipos portugueses xa que para eles a proba e puntuable para formar o seu equipo nacional.Entre os taekwondistas inscritos para o Open Cidade de Pontevedra hai 742 de combate, 214 de técnica e 224 de exhibición.

A competición desenvolverase co seguinte horario:

Sábado. 9-14 horas. Infantil e absoluto

              6-20 horas. Junior e cadetes Domingo. 1-12 horas. Técnica

12-14 horas. Freestyle

16-18.30 horas. Exhibición

O prezo da entrada ao Pavillón é de 3 euros e os menores de dez anos teñen acceso gratuito