Constitúese a Comisión para o estudo e impulso do PXOM

114

O Concello de Pontevedra constituíu esta mañá a Comisión informativa especial para o estudo e impulso do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal nun acto no que estiveron presentes concelleiros das cinco forzas políticas con representación municipal e estivo presidido pola alcaldesa en funcións, Carme da Silva.

Na reunión acordouse que sexa María Rey, membro do grupo mixto (Ciudadanos), a presidenta da comisión, e Carme da Silva (BNG) a vicepresidenta.

A comisión reunirase os últimos xoves de mes ás 10.00 horas na Sala de Comisións do Concello.