Comezan os obradoiros de micoloxía e lingua con estudantes de Educación Primaria

83

Mañá, mércores 4 de novembro, os 35 alumnos/as de 3º, 4º e 5º de educación primaria do CEIP de Ponte Sampaio participarán nun obradoiro sobre cogomelos. Este será o primeiro dos cinco obradoiros micolóxicos que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pon en marcha co fin de promover o uso da lingua galega entre os escolares de primaria, a através do achegamento aos cogomelos.

            O calendario de actividades desenvolverase do seguinte xeito:

  • Mércores 4 de novembro no CEIP de Ponte Sampaio
    • Ás 9.30 horas Xaime Blanco impartirá a charla: “Os cogomelos de Ponte Sampaio”
    • Ás 10. 30 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia
    • Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos
  • Martes 10 de novembro no CEIP Santo André de Xeve
    • Ás 10 horas Amancio Castro impartirá a charla: “Os cogomelos de Xeve”
    • Ás 11 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia
    • Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos
  • Mércores 11 de novembro no CEIP San Bieito de Lérez
    • Ás 10 horas Xaime Blanco impartirá a charla: “Os cogomelos de Lérez”
    • Ás 11 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia
    • Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos
  • Martes 17 de novembro no CEIP Parada-Campañó
    • Ás 9.30 horas Xaime Blanco impartirá a charla: “Os cogomelos de Campañó”
    • Ás 10.30 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia
    • Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos

            A data da sesión con Amancio Castro na EEI de Verducido está pendente de confirmar.

            As xornadas estarán guiadas e dirixidas por especialistas da asociación micolóxica Brincabois. E todas as sesión inclúen unha charla introdutoria, unha saída de campo para recoller cogomelos, unha sesión para identificar os fungos recollidos e montaxe dunha exposición no colexio cos exemplares apañados.

            No caso de que a chuvia non permita realizar a saída, adiaranse tanto a recollida de cogomelos como a montaxe da exposición.