O Concello acorda extinguir a concesión dos quioscos de Cogami na cidade

117

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá a extinción da concesión demanial dos quioscos de Cogami na cidade, tanto daqueles que son propiedade municipal, como dos que son propiedade de Cogami. Os do Concello son os da praia fluvial e o da praza de Barcelos.
Unha vez realizado este acordo, o Concello iniciará o proceso para abrir de novo un concurso de concesión demanial a entidades sen ánimo de lucro, no caso de que houbera solicitudes para facerse con estes quioscos municipais, segundo explicou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González.