A ONCE cede o seu colexio ao Concello pero terá o uso ata que constrúa o novo centro

91

A ONCE presenta o proxecto de equidistribucion que reactiva o convenio urbanístico que firmou no seu día o Concello e que nunha primeira fase supuxo a permuta da residencia do complexo educativo por a parcela delimitada polas rúas Eduardo Pondal,12 de Novembro e Joaquín Costa (unidade de actuación 18). A vella residencia acolle hoxe o novo Centro Sur.

Agora se da un paso adiante para conquerir os obxectivos dun convenio que ao final permitirá permeabilizar o barrio de Campolongo coa avenida de Vigo ademais de dotar o Concello de novas instalacións para usos sociais e públicos.

A Comisión de ordenación do territorio, Urbanismo e Medio ambiente coñeceu o proxecto de equidistribución inicial que terá que pasar por exposición pública antes da súa aprobación definitiva.

O Concello recibirá, a cargo do 10% do aproveitamento que lle corresponde, a parcela de 5.389 metros cadrados na que está o colexio Santiago Apóstol e mesmo o edificio, un total de 10.376 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes e o viario interior.

Mentres que a ONCE non constrúa a novo centro de recursos educativos (CRE) na unidade 18 manterá o uso do colexio cedido no proxecto  de equidistribución.