O novo edificio xudicial da Parda, pendente de pagar a taxa da licenza

74

A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, advirte a Xunta que se non abona a taxa correspondente o Concello de Pontevedra non poderá darlle a licenza para a construción do novo edificio xudicial da Parda.

A administración autonómica elixiu a formula ordinaria de tramitación urbanística e non a declaración de proxecto supramunicipal para o proxecto da Parda o que acurtaría os prazos de tramitación e libraríalle do pago da taxa da licenza municipal un 1% do investimento. Unha taxa que suporá neste caso arredor de 130.000 euros.

É práctica habitual da Xunta é non adxudicar as obras ata ter a licenza municipal e o Concello non poder dar a licenza sen ter cobrado a taxa. Carmen da Silva lembra que xa tiveron este mesmo problema coa cuberta do IES Sánchez Cantón e ao final a administracion autonómica tivo que pagar a taxa para obter a licenza de obra.