Substitución das redes de sumidoiros en Rosalía de Castro e Michelena

75

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana dúas obras de reposición do servizo de sumidoiros en dúas céntricas rúas da cidade: en Rosalía de Castro e na rúa Michelena. Son uns proxectos incluídos dentro do programa de reinversión ao que está obrigada a empresa concesionaria, Viaqua, e que teñen un custe global de 56.907,83 euros.

Na rúa Michelena reporase a rede de sumidoiros entre as rúas Marquesa e Gutiérrez Mellado, onde se instalarán catro novos pozos de rexistro, reporanse as acometidas e as conexións existentes. O custe desta obra é de 15.600,46 euros, e o seu prazo de execución está previsto nunhas tres semanas.

O segundo dos traballos que se iniciou esta semana é a substitución da rede de sumidoiros na rúa Rosalía de Castro, próxima á intersección coa AP-9, substituíndo a rede existente na zona que na actualidade atópase en moi mal estado de conservación.

O orzamento desta segunda actuación é de 41.307,37 euros e o prazo de execución é de un mes.

         Traballos fronte ao Hospital    

Cabe lembrar que a Viaqua está a piques de rematar os traballos de substitución da rede de auga na fronte do Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo entre os números 1 e 9 da citada rúa, e tamén a mesma distancia diante do Hospital.

A obra consiste na substitución da rede de abastecemento de auga potábel que na actualidade é de fibrocemento de 300 mm e de 150 mm de diámetro por tubaxes de 300 e 150 mm de diámetro en fundición dúctil.

O orzamento desta actuación é de 31.558,21 euros e o prazo de execución é de un mes.

         Praza da Peregrina        

O último dos traballos rematados e incluídos dentro destas partidas foi a mellora da rede de saneamento e augas pluviais na praza da Peregrina, onde se tiña detectado unha deficiente canalización das augas pluviais e fecais, debido á antigüedade do material, é á falta da rede separativa, o que ocasionaba permanentes atascos e filtracións que chegaban a afectar aos sotos dos edificios da praza.

O orzamento daquela obra foi de 15.564,46 euros.

Estas obras están incluídas dentro do proxecto Melloras na rede de abastecemento en baixa e alcantarillado (ampliación, rehabilitación e subtitución da rede actual) que executa Viaqua a cargo da súa concesión administrativa.

Reparación rede de abastecemento

O Concello de Pontevedra, a través da empresa concesionaria do servizo de abastecemento da cidade, Viaqua, reparou nestes días unha avaría detectada na canalización de impulsión do bombeo de Monte Porreiro á Estación de Tratamento de Auga Potable de Lérez.

A avaría estaba situada nun tramo de tubaxe de formigón con camisa de chapa de 900mm de diámetro.

O arranxo fíxose sen afectar ao servizo.