Concentración por un monte libre de trampas

58

O Concello de Pontevedra súmase á convocatoria de Pedaladas e Masa crítica por un monte libre de trampas. Teñen convocado unha concentración para este domingo, 8 de novembro, ás 11.30 horas no alto do Castrove, e ás 12.30 horas na praza de España.

Manuel Torres de Pedaladas, e Enrique Pérez de Masa crítica presentaron esta mañá esta concentración nunha comparecencia compañados o concelleiro de mobilidade, Luís Bará.

Nesta campaña previa participaron persoas vinculadas ao mundo do deporte como o triatleta Javier Gómez Noya, os presidentes das Federacións galega e española de ciclismo, ou políticos como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ou varios concelleiros do grupo municipal do Partido Popular como César Abal, José Luís Martín e Tomás Abeigón.