O Concello pinta os viais de San Brais afectados pola reordenación do tráfico

133

O Concello da un paso definitivo na reordenación do tráfico e calmado de tráfico na zona de San Brais-Salcedo co pintado da sinalización das rúas afectadas na noite do mércores ao xoves, deste xeito evitaranse problemas de mobilidade ou molestias a veciñanza. Os traballos estarán rematados a primeira hora da mañá do xoves.

A reordenación do tráfico e a implantación de medidas adicionais para a mellora da accesibilidade e seguranza viaria é unha demanda veciñal a que o Concello da resposta elevando os pasos de peón, construíndo unha glorieta e reordenando a circulación convertendo en sentido único distintos viais da zona.

Un estudio previo á intervención municipal tiña detectado até dez conflitos no eido da circulación en San Brais que dificultaban o tráfico e poñían en risco a seguridade dos condutores e peóns. Rúas cun ancho inferior a seis metros de dobre circulación, unha isleta que non resolvía a reordenación do tráfico, a existencia de pasos de peón nun tramo recto e diferente nivel en cada sentido circulatorio, viais de dobre sentido que se estreitan até facer imposíbel o paso de dous vehículos ou cedas o paso postos no sentido circulatorio de peor visibilidade.