O exitoso Salón do Libro de Pontevedra no Simposio O libro e a lectura de AGE

76

O Concello de Pontevedra estará presente no XII Simposio O libro e a lectura: O futuro das feiras do libro de Galicia, que se celebra mañá na sede do Consello da Cultura e que organiza a Asociación Galega de Editores (AGE). Pontevedra estará representada a través da concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro que falará do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, como unha das experiencias de éxito do estado español.

Anxos Riveiro compartirá mesa no panel das experiencias de éxito coa Semana do Libro en Catlán, Praza dos Libros, o Culturgal e a Semana da Música infantil.

A programación do simposio é a seguinte:

  • 9:30 Inauguración a cargo a presidenta da AGE, Laura Rodríguez, o representante do CCG, Ramón Villares e como peche da presentación do Simposio, o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
  • 10:00 Conferencia “La innovación de un festival sin límites” Mª Sheila Cremaschi, MBE. Directora de “Hay festival”, Segovia. Presenta  Laura Rodríguez Herrera, presidenta da AGE.
  • 12:00 Panel de experiencias de éxito: Semana del Libro en Catalán, Praza dos Libros, Salón do Libro de Pontevedra, Culturgal, Semana da Música Infantil. Presenta Ana Guerra.
    • Montse Ayats, editora e presidenta da Semana do Libro en Catalán.
    • Anxos Riveiro, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra. Salón do Libro de Pontevedra – Xosé Aldea, editor e director de Culturgal.
    • Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Praza dos Libros
    • Xosé Aldea, director de Culturgal.
    • Xulio Amigo, director comercial de Editorial Galaxia. Semana da Música Infantil nas Feiras do Libro de Galicia
  • 16:15 Mesa temática: o espazo, os produtos, os públicos. Presenta Miguel Toval.
    • A concepción do espazo. Xulio Turnes, arquitecto en DH (Domohomo)
    • Como presentamos os nosos produtos culturais. Gemma Sesar, editora de Editorial El Patito; Sergio Lago, xestor cultural.
    • Os nosos públicos atentos, Félix Caballero Wangüemert, profesor de Facultade de CC SS e Comunicación de Pontevedra
  • 18:00 Mesa redonda: O futuro das feiras do libro- Presenta e modera Manuel Bragado, director de Edicións Xerais. -Gonzálo Pérez, de Librería Cartabón.
    • Lola Puerta, de Librería Aenea.
    • Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.
    • Pío Barreiro, de Librería Kómic
    • Eduardo Riestra, de Ediciones del Viento.
  • 19:00 Compromiso de colaboración ano 2016. Intervención de representantes da Federación de Librerías de Galicia, Asociación Galega de Editores, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • 19:30 Clausura da xornada. Entrega de certificados asistencia.