Comezan os obradoiros do Apego para persoal educador en escolas infantís

138

A Concellaría de Normalización Lingüística inicia mañá os obradoiros do programa Apego coas xornadas de formación sobre materiais didácticos en galego para educación infantil. Será na Casazul, de 16 a 20 horas. Esta xornada terá continuidade o 19 de novembro.

            A xornada está destinada a:

  • persoal educador nas escolas infantís (0 a 3 anos)
  • profesores/as de educación infantil (3 a 6 anos)
  • estudantes e/ou profesionais titulados en educación infantil

            Os contidos da xornada serán os seguintes:

  • Música: presentación de discos, recursos na rede e actividades concretas para traballar coa música nas escolas infantís
  • Xogo: repaso a unha escolma de material arredor do xogo e o movemento, desde os tradicionais ás novas tecnoloxías
  • Así está a lingua: analizarase conxuntamente a situación do galego, cun breve debate e choiva de ideas
  • Audiovisual: analizarase diverso material audiovisual en galego, traballando propostas de uso
  • Facemos unha historia: os contos tradicionais e algunha dinámica concreta servirán para elaborar creacións propias coas que traballar posteriormente
  • Libros de contos: repaso a unha escolma de interesantes e prácticos libros de contos, ordenados por idades e coleccións
  • Contos dixitais: escolma de ferramenmtas dixitais e aplicacións e para traballar os contos
  • Libros didácticos: ordenados por idades
  • Presentación do portal de recursos ALÍ

Xornada micoloxía e lingua en Verducido

            Por outro lado, a Concellaría tamén organiza mañá o terceiro dos obradoiros micolóxicos Micoloxía e lingua no EEI de Verducido. A programación é o seguinte:

  • Ás 9.30 horas Amancio Castro e Xaime Blanco impartirán a charla: “Os cogomelos de Verducido”
  • Ás 10 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia
  • A seguir, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos.