Comeza Pontedetapas con 53 establecementos competindo polas mellores tapas e cócteles

212

Bocados aprendidos na mellor tradición, bocados cheos de creatividade, mesturas innovadoras e presentacións vangardistas e tamén cócteles que maridan sabores e texturas para o goce dos sentidos. Todo isto e moito máis poderase atopar en Pontedetapas, o certame gastronómico que comeza hoxe que se estenderá até o día 22.

Un roteiro de degustaciòn  no que participó o alcalde Miguel Fernández Lores e os concelleiros Anabel Gulías e Alberto Oubiña marcou a inauguración oficial dun evento xa consolidado e no que cada ano compiten máis bares e restaurantes.

Un total de 53 establecementos da cidade participarán na que é a oitava edición de Pontedetapas, unha cita organizada pola Concellería de Promoción Económica e os hosteleiros co obxectivo de reforzar a marca da cidade e dinamizar o comercio local e o sector de restauración. Dos inscritos, 25 competirán en tapas tradicionais, 34 en tapas creativas e 14 na categoría de cócteles.

No evento terá unha presenza activa o IES Carlos Oroza, o Instituto de Hostalería da Pontevedra do que está a saír unha importante – en cantidade e calidade- canteira de profesionais.

En xogo está o premio á mellor tapa tradicional – inspirada nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía–, á mellor trapa creativa –á máis orixinal e innovadora en sabores, presentación, técnicas empregadas…–, e o mellor cóctel.

Un xurado especializado, presidido polo cociñeiro Pepe Solla, elixira aos gañadores que obterán como premio, un diploma acreditativo e un trofeo que visibilice o galardón e unha masterclass co propio Pepe Solla.

Ademais o público elixirá mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra que será a que compita na segunda edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade autónoma entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.

Un pasaporte Pontedetapas, que será selado por cada establecemento ao consumir, permitirá ao público máis participativo –a aqueles que cubran as 53 casillas o se non entre os que máis selos teñan- optar a unha cea para dúas persoas no local que escollan.

Prezos: tapas a 2 euros e cócteles, 3 euros