Spica S.L. porá os equipos para gravar os plenos no Principal

122

A empresa Spica S.L. foi a gañadora do concurso para dotar ao Teatro Principal dos equipos informáticos necesarios para gravar os plenos municipais, así como a súa emisión en streaming. Esta empresa ofreceu un ano máis de garantía (en total dous), amplir a posibilidade de incorporar outros equipos no futuro; e un curso de formación de 20 horas para todos os funcionarios encargados de xestionar ese equipo.

O obxectivo desta medida é contribuír á transparencia informativa por parte do Concello, e confíase en que estea operativo no mes de xaneiro, unha vez que se pasen os prazos administrativos para a sinatura do contrato.