A obra do futuro centro de maiores da rúa Don Gonzalo, pendentes dunha cata arqueolóxica

83

A Comisión de seguimento do Peprica avaliou varias solicitudes de licenza para obras de rehabilitación en inmobles do casco histórico, entre elas o permiso para a modificación do proxecto de acondicionamento do edificio da rúa Don Gonzalo onde está previsto abrir unha residencia de maiores. As obras de este inmoble están paralizadas por orde municipal a espera da realización dunha intervención arqueolóxica que tiñan que ter feito para abrir unha gabia no solar.

Ao solicitar no seu día a empresa comprometerase a respectar as estruturas orixinarias do edificio pero a apertura da gabia mudou a situación e agora teñen que acometer a obrigada intervención arqueolóxica.

O resto das licenzas afectan a inmobles das rúas San Sebastián, Naranxo e Flórez adicados a vivendas.

ENIL do Gafos

Por outra banda, na Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente deuse conta da proposta de aprobación do Plan de conservación do río dos Gafos como Espazo natural de interese local (ENIL), que ten que ser remitido á Xunta para a súa aprobación definitiva.

O Concello atendeu as alegacións presentadas pola asociación Vaipolorío, no período de exposición pública, en relación cos usos tradicionais e especiais da contorna do río e as fincas de ribeira.

A protección do río e o bosque de ribeira do Gafos leva ao Concello a recomendar aos ciclistas que a cotío pasean pola senda peonil ao carón do río que usen un roteiro alternativo, a vía de servizo do AVE.