Unha cuberta para a bancada da pista de atletismo do CGTD

82

A Comisión de Ordenación do territorio, Urbanismo e Medio Ambiente deu luz verde a dous proxectos vencellados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD): a construción dunha cuberta para a bancada da pista de atletismo e a mellora da accesibilidade da residencia de estudantes do CGTD.

A cuberta do bancada é unha vella demanda do público e máis dos propios atletas que seguen con interese as numerosas probas e campionatos que alí se desenvolven ao largo de todo a ano.  A obra está valorada en 31.168,25 euros e terá un prazo máximo de execución de seis meses a contar desde o outorgamento da licenza.

Polo que respecta a mellora da accesibilidade, a actuación prevista afecta a corrección e ampliación das instalacións de sinalización e extinción de lumes e condicións de evacuación do inmoble. Inclúe a instalación de portas corta lumes e a construción dunha escaleira exterior co fin de mellorar as condicións de evacuación ante unha posíbel emerxencia.

Esta actuación terá unha base de licitación de 223.693,63 euros (184.870,77 máis IVE).