O Concello patrocinará equipos deportivos que compitan fóra de Galiza para promocionar a cidade

203

Deseñar un plan de promoción da cidade como destino turístico e publicitar a marca Pontevedra a través do deporte fóra de Galiza serán os eixos de traballo do Concello no eido turístico para o ano 2016, segundo informa a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, ao remate da reunión de Turismo de Pontevedra.

Para este cometidos se disporá dun orzamento de 403.567,90 euros o que supón un incremento de preto do 8% respecto ao deste ano.

Anabel Gulías explica que o patrocinio aos equipos deportivos farase seguindo un baremo obxectivo baseado en criterios como a categoría na que xoga o club e que a competición os leve fóra de Galiza. “Queremos que axuden a construír a imaxe de cidade, a marca Pontevedra” subliña a concelleira. Aos patrocinios deportivos adicarase un total de 231.600 euros no próximo ano fronte aos 202.000 euros deste 2015.

A hora de deseñar unha estratexia de promoción da cidade como destino de calidade, Pontevedra porá en valor noso modelo urbano que coida das persoas para atraer turismo familiar.