O Concello aposta por crear un campo de billarda en Salcedo

133

Pontevedra e as Rías Baixas están na vangarda da práctica da billarda, unha posición que se reforzará o ano que ven coa apertura, se todo vai ben, do primeiro campo para este deporte tradicional na parroquia de Salcedo. Trataríase dun espazo no núcleo de centralidade da parroquia apto para facer xuntanzas e xogar a billarda.

A presentación das VI Xornadas da Liga Nacional de Billarda serviu para que os seus promotores pedirán ao concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez, que avanzara no proxecto, que conta co respaldo do Consello parroquial e que está a ser estudada polo Concello.

As instalacións lúdico e deportivas do Casino Mercantil, en Mourente, acollerá o próximo sábado, 21 de novembro, a partir das 16.00 horas a VI Xornadas da Liga Nacional de Billarda. Calquera pode achegarse non só a mirar a competición se non a participar xa que a inscrición, de equipos ou individual, pode facerse ata o momento de comezar a xornada

A billarda é un deporte tradicional que non ten límites nin de sexo nin de idade aos xogadores, que compiten todos contra todos.