O mercadiño da Verdura trasládase á rúa Serra o vindeiro domingo

89

O Concello de Pontevedra trasladará o vindeiro domingo, 29 de novembro, o mercadiño de antigüedades dende a praza da Verdura á rúa Serra. Así llo comunicou onte o concelleiro delegado de Mercados, Vicente García Legísima, aos vendedores onte instalados na praza da Verdura. Visitou e falou con cada un dos ambulantes acompañado de funcionarios municipas e da Policía Local.

Nesta visita entregóuselles a instrución da Concellaría de Patrimonio relativa ao traslado do mercadiño á rúa Serra e tamén se lles informou que era o último día que poderían montar na praza da Verdura.

Segundo manifestou Vicente García Legísima, os vendedores explicaron que, tal vez, a mellor situación sería a praza da Verdura, pero entendían os razonamentos da Concellaría e da Asociación Zona Monumental Centro Comercial Urbano, colaboradora desta iniciativa.

Un dos propósitos da Concellaría de Patrimonio e de Zona Monumental é dinamizar o ámbito do Mercado de Abastos, de aí o traslado deste mercadiño á Rúa Serra. E incluso, dende a Asociación se propuxo celebralo o sábado, pero este punto aínda está en estudo por parte da Concellaría que primeiro quere ver como funciona o mercadiño con este traslado.

Na instrución remitida aos vendedores queda claro o tipo de produtos que se poden vender -prohíbese expresamente a venda de roupa o calzado- e tamén que todos os ambulantes deberán instalar os seus produtos en mesas ou estantes. Terán asignado un espazo fixo na rúa Serra que será controlado polos funcionarios municipais e a Policía Local.

Instrución mercadiño