A recadación de impostos sube 1,7 millóns grazas ás inspeccións tributarias

92

Case 1,7 millóns de euros é a repercusión que terá no proxecto de orzamentos de 2016 as inspeccións tributarias que leva facendo o Concello de Pontevedra nos últimos anos. Segundo explicou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, grazas a estas inspeccións tributarias que se fan buscando a equidade tributaria e como alternativa á subidas lineais dos impostos, o Concello consolidará para o orzamento de 2016: 1.679.764,83 euros.

Por impostos o incremento dos padróns é o seguinte:

  • IBI: 500.000 euros
  • Plusvalía: 150.000 euros
  • IAE: 525.000 euros
  • Auga: 159.000 euros
  • Sumidoiros: 100.000 euros
  • Lixo: 150.000 euros
  • Veladores, entrada de carruaxes e ocupación de vía pública: 90.000 euros

Tamén quixo aclarar que nesta práctica de inspección tributaria tamén se revisan á baixa os impostos cando así debe ser, como foi no caso da tributación ao IAE de dúas empresas.