Continúan os actos do 25N, salvo Bragas con historia porque foron furtadas da rúa Soportais

57

A Concellaría de Muller continúa adiante coa programación do Día Internacional contra a violencia machista, á espera dos actos propiamente ditos que se celebrarán mañá.

            Para hoxe están previstas as seguintes intervencións:

  • Martes, 24 de novembro
    • Facendo e desfacendo, vaise aprendendo
    • Fogar
    • Pussy Toons

            Para hoxe tamén estaba prevista a intervención: “Bragas con historia” que non poderá realizarse dado que alguén furtou as bragas que estaban colgadas na rúa dos Soportais. As responsables do programa De bruxas e bolboretas, autoras desta intervención, reporán as bragas na xornada de mañá.

            Dende a Concellaría de Muller crese que se tratou dun acto premeditado porque vai en contra o obxecto da denuncia dado que todas as bragas recollían nunha etiqueta a súa historia.

            A programación dos vindeiros días será a seguinte:

  • Mércores, 25 de novembro
    • Portas
    • Bragas con historia
    • Facendo e desfacendo, vaise aprendendo
    • Fogar
    • Pussy Toons
    • 17.00 – 19.00 horas: Consecuencias
    • 18.30 – 20.00 horas. Ferraría. Cubos do Consello das mulleres novas.
  • Xoves, 26 de novembro
    • Facendo e desfacendo, vaise aprendendo
    • Fogar
    • Pussy Toons
  • Venres, 27 de novembro
    • Facendo e desfacendo, vaise aprendendo
    • 19:00 horas. Barba Azul
    • Fogar
    • Pussy Toons
  • Domingo, 29 de novembro
    • 20.00 horas. Aula de teatro de Igualdade. Teatro Principal.