A Concellaría de Muller manterá un encontro coa asociación Mulleres en pé para animalos á presentar unha denuncia contra o presunto asasino da veciña de Ponte Sampaio, Conchi Reguera Peón.
A concelleira de Muller, Camen Fouces explicou esta mañá que a Lei de enxuizamento criminal non permite persoarse como acusación popular aos concellos. Só teñen esta opción as asociacións de vítimas e tamén as institucións acreditadas para facelo, que no caso de Galiza é a Xunta.
A pesar de que o Concello non pode persoarse como acusación popular, dende a Concellaría realizaranse os trámites oportunos para presentar no Parlamento unha modificación da Lei no sentido de permitir aos concellos a presentarse como acusación popular nos casos de violencia machista.
Mentres isto non sucede, a Concellaría de Muller porase en contacto coa Asociación Mulleres en Pé para animala a presentar unha denuncia contra o presunto asasino de Conchi Reguera, contando co apoio da Concellaría.