Os orzamentos do IMD e do Pazo incrementan a súas partidas

88

Os organismos autónomos do Concello de Pontevedra: Instituto Municipal de Deportes (IMD) e Pazo da Cultura incrementan os seus orzamentos no ano 2016. As contas do IMD para o vindeiro ano son de máis de 1,4 millóns de euros, e no caso do Pazo da Cultura tamén incrementa o seu orzamento que supera os 1,4 millóns de euros.

No caso do Instituto Municipal de Deportes (IMD) o orzamento increméntase nun 2.25%, acadando os 1.430.000 euros. O eixo básico deste orzamento é atender as moitas necesidades do tecido asociativo-deportivo de Pontevedra. E o fomento do deporte entre todos os segmentos de poboación do Concello.

Ademais, as achegas do Concello para o IMD increméntanse nun 1.99% pasando de 1.225.000 euros a 1.280.000 euros. E mantéñense tamén as previsións relativas ás concesións administrativas.

Increméntanse as axudas para a promoción da actividade física e do deporte nun 12,50% e os concertos con entidades deportivas nun 3,09%.

No caso do Pazo da Cultura, o proxecto de orzamentos é de 1.436.000 euros, é dicir, 46.000 euros máis que no presente orzamento.