Os Palleiros volven á rúa coa súa campaña de Nadal “Árbore solidaria”

119

O Concello de Pontevedra volve colaborar coa Asociación Os Palleiros na súa campaña de Nadal “A árbore solidaria” que se celebrará o vindeiro 20 de decembro na praza de Ourense de 11.00 a 19.00 horas. Consistirá nun mercadiño solidario na que a protectora de animais, que xestiona a canceira de Campañó, venderá camisetas, sudadeiras, polares, así como o calendario de sobremesa e de colgar cos selfies dos adoptantes coas súas novas mascotas.

Nesta campaña se recollerán tanto donativos económicos, como comida, artículos para cans, medicamentos… A cambio, as persoas poderán colocar unha tarxeta coa fotografía dun can na árbore de Nadal que colocarán no mercadiño.

O obxectivo deste mercadiño é a recadación de fondos “para seguir sacando adiante os cans que están a cargo da protectora evitando que caia todo nos orzamentos do Concello”, explicou a súa presidenta na comparecencia da presentación desta nova campaña de Nadal en compañía da concelleira responsábel de Sanidade Animal, Pilar Comesaña.