“Neira Vilas estará sempre no noso corazón, memoria e no noso traballo”

100

O Concello de Pontevedra transmitiu esta mañá o pesar polo pasamento do escritor galego Xosé Neira Vilas á súa familia, achegados e amigos da Fundación Neira Vilas.  O concelleiro de Patrimonio Histórico, e ex director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Luís Bará confesou esta mañá que o pasamento de Neira Vilas “é unha noticia moi triste a nivel persoal, porque tiña moita vinculación con el e coa súa Fundación”.

Quixo destacar, tamén, a ausencia que xa se vive na cidade, dado que Neira Vilas “era unha persoa moi vinculada con Pontevedra” a onde acudía cada vez que se lle convidaba. Foi homenaxeado varias veces no Salón do Libro, e “era una persoa entrañable”.

Luís Bará foi o encargado de transmitir o sentimento de pesar en nome do Concello de Pontevedra “porque Neira Vilas foi un gran amigo de Pontevedra, e una persoa inesquecíbel, que estará sempre no noso corazón, na nosa memoria e no noso traballo. Hoxe é un día moi triste para nós”.

Luís Bará: