Trasladada a feira de antigüidades á rúa Serra

78

Foi unha reubicación tranquila e ordenada. A feira de antigüidades dos domingos “abriu” hoxe as portas nunha nova ubicación: a rúa Serra, deixando atrás o escenario da praza da Verdura. Medio centenar de vendedores ofertaron a súa mercadoría seguindo as novas normas do Concello, que procuran mellorar a  súa imaxe e recuperar o seu espírito inicial.

Anos de actividade e a falta dun control estrito converteran a feira dominical da Verdura nunha feira de segunda man, na que non faltaba nin roupa nin comida. Agora os vendedores terán que ter a súa mercadoría fóra do chan, en mesas e so poderán ofertar antigüidades, trastes vellos, libros, selos ou moedas para coleccionistas…