Adxudicado a Iluminación Umia o alumeado festivo da cidade até o 2017

123

A conta atrás para o acendido do alumeado do Nadal xa comezou e mentres a Xunta de Goberno Local aprobou o contrato para o alumeado festivo da cidade até o ano 2017, unha actuación a que lle adicará unha partida de 162.067,40 euros. O prendido das luces farase antes da ponte da Constitución, o venres ou sábado desta mesma semana,

Con estes cartos a empresa adxudicataria –Iluminación Umia- encargarase de pór o alumeado do Nadal deste ano máis os alumeados do entroido, das festas da Peregrina e de SantiaguIño do Burgo e de Nadal dos anos 2016 e 2017, segundo explicou o portavoz municipal, Raimundo González Carballo.