O Concello inviste 622.000 euros en melloras de mobilidade no rural

91

A Xunta de Goberno Local aprobou obras e contratos por máis de 800.000 euros, dos que arredor de 622.000 teñen como fin actuacións de mellora da mobilidade e accesibilidade no rural, en concreto nas parroquias de Santo André de Xeve, Salcedo, Lérez e Tomeza. Un capítulo de obras ao que se engadiu o proxecto de mellora de abastecemento en alta, con cargo ás obras de inversión pendentes de realizar dentro do contrato da concesionaria do servizo municipal de augas Viaqua SA. Neste caso o investimento será de 21.355 euros.

Todas as melloras na mobilidade e accesibilidade no rural inclúen un incremento na capa de asfalto das calzadas e paso sobre levados (lombos) para calmar o tráfico e garantir a seguranza dos peóns. Trátase das seguintes adxudicacións:

.En Sobral (Santo André de Xeve) á empresa Ediserpo, por 87.1000 euros.

.En Filgueira (Santo André de Xeve), á empresa Covsa por 145.386 euros

.No Cruceiro (Salcedo), á empresa EC Casas por 126.292.
.Na Piolla (Lérez), á empresa EC Casas por 167.651 euros
.En Lusquiños (Tomeza), á empresa Ediserpo por 86.344 euros .