Pontevedra ten un puntazo invítate a xerar novos proxectos en Culturgal

129

Queres participar nun proceso colectivo de deseño de proxectos culturais? Tes algunha idea e queres desenvolvela? Es dos que che gusta crear e traballar en equipo? Estamos en tempos de grandes cambios sociais e culturais que nos levan a repensar os métodos de traballo e as maneiras de crear novos produtos e servizos.

Quedan catro prazas dispoñibles na actividade de xeración de proxectos no stand de ”Pontevedra ten un puntazo” no Culturgal

Trátase dunha oportunidade para desenvolver a túa idea a través de mecánicas creativas o longo dun día de traballo colaborativo a escoller entre o 4 e 5 de decembro , en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e levar a cabo accións, ideas e proxectos comúns no ámbito cultural.

¡Potencia a co-creación, xera sinerxias e rede en “Pontevedra ten un Puntazo”! “Xeremos un espacio de intercambio e de acción cultural que perdure no tempo”

O prazo de inscripción para participar nesta iniciativa remata mañá 1 de decembro de 2015. Os interesados poden inscribirse no seguinte enderezo electrónico raquelpedrouso@evolutiaconsulting.es especificando o nome da empresa, sector de actividade e teléfono de contacto.

Entre o 2 e 3 de decembro comunicarase aos interesados a súa participación segundo os criterios establecidos nesta convocatoria.