A Casa da Luz acolle mañá pola tarde a entrega dos premios Ernestina Otero

73

A Concellaría de Igualdade e a Universidade de Vigo entregan mañá pola tarde, ás 20.00 horas, na Casa da Luz os II premios Ernestina Otero, para a incorporación da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster para os alumnos do Campus de Pontevedra.

As persoas gañadoras nesta edición son:

  • Almudena Poza, gañadora na categoría Traballo fin de grao co traballo “A aprendizaxe cooperativa como ferramenta para fomentar a igualdade entre os sexos na escola infantil”
  • Esther Gandía Martínez, do Traballo fin de máster co proxecto “O persoal é político”.

O traballo de fin de grao recibirá un importe de 2.000 euros, e o de fin de máster de 1.000 euros. Ademais quedou deserto un segundo premio na categoría de máster.

As bases dos premios recollen que entre os obxectivos do Consello das Mulleres do Concello de Pontevedra atópase incluír o fomento da igualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e a participación de toda a cidadanía. Peza clave para conseguir este obxectivo é o compromiso da comunidade educativa xa que resulta fundamental traballar a perspectiva de xénero nas poboacións máis novas e favorecer a cohesión cidadá coa universidade.