As Noites Abertas achéganse aos 110.000 euros de orzamento para 2016

57

As Noites Abertas 2016 disporán, cando menos, dun orzamento superior aos 100.000 euros, xa que o Ministerio de Sanidade acaba de confirmar a subvención anual -concedida a través do Plan Nacional de Drogas- por valor de 76.538 euros.

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez explicou que é unha contía moi importante -1.000 euros máis que na anterior convocatoria-, e que suporá darlle un pulo, se cabe, máis importante ás Noites Abertas, que van crecendo en éxito e participación dende o ano 1999.

O Concello completará a subvención do Ministerio cun 30% máis, até achegarse aos 110.000 euros para o proxecto neste ano. As actividades comezarán a finais do mes de xaneiro.