Parques e Xardíns comeza a plantación de ducias de violetas, ciclamens, narcios e tulipáns

62

A Concellaría de Parques e Xardíns iniciou nestes días a plantación dos xardíns da cidade con flor de temporada para que teñan cor durante o inverno. Até a chegada da primavera, as zonas verdes do centro urbano vestiranse coas cores de violetas, ciclámens, narcisos e tulipáns.

As plantacións estanse a realizar en distintos puntos da cidade, macizos da Praza da Ferraría, as Palmeiras, en San Roque, Concepción Areal, Daniel de la Sota, avenida de Compostela… entre outros moitos puntos da cidade.

As plantacións serán arredor de 2.000 violetas e ciclámens e uns 1.000 bulbos de narcisos e tulipáns.

A concellaría busca a variedade cromática destes espazos públicos coa necesaria plantación de flor de tempada, contribuíndo á mellora da calidade paisaxística da cidade, así como no ánimo dos pontevedreses que poderán ver os xardíns e parques en perfecto estado.