A Pontevedra 4 Picos abre a inscrición en decembro con moitas novidades

84

A Pontevedra 4 picos abre este mes de decembro a inscrición para participar na súa segunda edición, que vén cargada de novidades. Este ano, a proba pontevedresa de BTT e de Trail, celebrarase a fin de semana do 16 e 17 de abril de 2016. O sábado será o da modalidade de BTT e o domingo, de Trail.

Co propósito de achegar a proba á meirande cantidade de xente, a empresa organizadora GlobalDXT, o Clube A roda do demo e o Concello de Pontevedra, acordaron que a proba se dividise en dous días, e aumentar o número de prazas en ambolasdúas disciplinas: 2.500 en BTT e 800 en Trail. O pasado ano, cubríronse todas as prazas ofertadas (1.400) e houbo persoas que non puideron participar.

Ademais, créanse novas modalidades co afán de satisfacer a todos os públicos. Na parte de bike pódese facer a distancia de 2 picos(65 km) e de 4 picos (125 km) tanto de forma individual como por parellas; no trail tamén se poden facer de forma individual e dual as dúas distancias: citytrail (17km) e trail (33 km).

Tamén existirá a posibilidade de participar na opción combinada enfrontándose tanto ao reto da bici como ao da carreira e mesturando as diferentes distancias. Ofertarase, asimesmo, a categoría de E-Bike, ou bicicletas asistidas, nas que os participantes poderán superar o reto de forma individual tanto na distancia curta como na longa.

Bolsa do corredor, finisher a todos os que rematen, avituallamentos sólidos e liquidos, agasallos para os clubes nos que participen máis de 12 persoas, cronometraxe da proba, clases de spinning, zona de exposición, zona de catering, DJ amenizando a zona cero… Son algunas das cousas que ofrece a Pontedra 4 picos este ano.

Toda a información e inscricións están na páxina https://www.pontevedra4picos.com/es/