Capital Shopping sae de Pontevedra á conquista da provincia

139

Unha embaixada promocional composta por 4 persoas protagonizará durante os 15 primeiros días de decembro a campaña Capital Shopping, chamando ás persoas que vivan a menos 40 km da cidade a visitar “O Centro Comercial máis chulo das Rías Baixas”.

Estas catro persoas, entre as que se atopa un músico, desprazaranse nun Jaguar e chegarán aos seus destinos para repartir publicidade de Pontevedra polas rúas, mercados, etc. máis concorridos dos lugares que visitarán. Queren transmitir unha idea de bo humor, vitalidade e satisfacción que produce vir a Pontevedra a realizar as compras de Nadal.

A publicidade que repartirán consiste nun flyer circular de 20 cm no que ademais da imaxe da campaña poden consultar un plano da capital cos aparcamentos gratuítos e os de pago, así como as facilidades que o consumidor ten para mercar. A idea é transmitir que a capital é un gran centro comercial, cos códigos habituais do márketing de consumo.

Tamén, a modo de suxestións, inclúense varios “packs” que pretenden mesturar as compras e o ocio, ademais da restauración e a hostalaría, pois tamén son apostas fortes e diferenciadoras nas que a cidade pode competir con calquera centro comercial.

A campaña foi elaborada pola Concellaría de Promoción da Cidade. A súa responsábel, Anabel Gulías, presentoulla hoxe a empresarios e xornalistas.

Os lugares nos que ocuparán as 30 sesións (15 días, mañá e tarde) son Vigo, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, O Grove, Bueu, Marín, Moaña, Cangas, Redondela, O Porriño,

Packs que inclúen as suxestións de vir a Pontevedra a mercar no nadal
Paseo + Shopping + Cea,
Shopping + Cea + Pista de xeo,
Museo + Shopping + Terraza
Shopping + Xantar + Terraza de Inverno
Ocio nadal Infantil + Shopping
Shopping + Visita Cultural
Shopping + Viño&tapas
Shopping + Cea + Copas
Ou como queiras combinar as túas compras