Pontevedra inaugura mañá o alumeado de Nadal

104

O Concello de Pontevedra encenderá a iluminación de Nadal mañá, venres, 4 de decembro, ás 18.30 horas na praza da Ferraría. A tenente de alcalde e concelleira de Festas, Carmen da Silva, e das asociacións de comerciantes colaboradores nesta edición (Zona Monumental e Aempe) acenderán o alumeado, que irá acompañado da actuación musical de As Chaneiras.

Como en anos anteriores, a iluminación estará distribuída en toda a Zona Monumental, as principais rúas do centro urbano (Michelena, Peregrina, avenida de Vigo, Cobián Roffignac, Daniel de la Sota…), así como todas as entradas á cidade. Tamén haberá iluminación nos barrios como en Monte Porreiro.

As luces de Nadal estarán encendidas até o 6 de xaneiro, e permanecerán encendidas de 19.00 a 01.00 horas, agás o día de Final de ano que a iluminación estará encendida algunha hora máis.

Toda a iluminación é led (de baixo consumo).