O Concello elixe lousas ecolóxicas para a nova praza diante do Hospital

86

As obras da futura praza prevista diante do Hospital Provincial camiñan a bo ritmo e, de non xurdir imprevistos, poderían estar rematadas a finais de febreiro. Comezou a instalación de lousas no que será un novo espazo público.

O Concello de Pontevedra está a implantar un formigón de alta resistencia, que contribúe activamente a eliminar de contaminantes da atmosfera. É un elemento altamente ecolóxico xa que a súa composición incorpora materiais procedentes da reciclaxe, especialmente de sectores da construción e industrial.

A reutilización destas materias primas supón unha importante diminución do consumo de recursos naturais, mentres que as propiedades físicas do pavimento non son alteradas. Ademais, contribúe á redución das emisións de gases contaminantes á atmosfera que se producen no tratamento de ditas materias.

O pavimento leva unha capa superior que garante unha elevada eficacia dos contaminantes durante máis de 25 anos, a pesar dos habituais procesos de abrasión, convertendo os gases nocivos en compostos inocuos para a saúde e o medio ambiente, a través dun proceso natural libre de axentes químicos e de efecto inesgotable no tempo.

As obras da praza estarán paradas durante as festas de Nadal, dende o 18 de decemebro até o 11 de xaneiro. O parón navideño está recollido no convenio da construción.

As obras da praza estarán oaradas durante as festas de Nada, dende o 18 de decemebro até o 11 de xaneiro. O parón navideño está recollido no convenio da construción.

A reforma prevista diante do Provincial abarca desde a rúa Cobián Areal até a entrada das Urxencias do hospital. Crearase unha praza pública de 1.200 metros cadrados que disporá de mobiliario urbano e de árbores para tratar de crear zonas de sombra. Construirase unha plataforma única con diferentes pavimentos: formigón, granito e lousa.