O Coro “Vía 7” fará actuacións sorpresa nas rúas e prazas

88

Actuacións sorpresa na rúa. Ë a iniciativa coa que o Coro “Via 7” quere darse a coñecer na cidade mentres espalla o espírito lúdico que o guía. A partir das 18.00 horas do próximo venres, 11 de decembro, a xente poderase atopar coa xuntanza súpeta dun grupo de mozos e mozas que cantarán unha o dúas cancións e desaparecerán. Repetirán a acción en distintas rúas e prezas da área comercial e da zona monumental.

“Vía 7” xurde a partir dunha actividade de canto no programa de lecer xuvenil Noites Abertas e ensaia no Local de Música. Na actualidade conta con 24 voces, delas só cinco masculinas polo que invitan a mozos e homes a sumarse a agrupación e tamén ás mulleres que o desexen.