Os Bombeiros organizan unha xornada de portas abertas solidaria o vindeiro 27 de decembro

85

Os Bombeiros de Pontevedra realizarán unha nova xornada de portas abertas o vindeiro domingo, 27 de decembro, para que a cidadanía coñeza o traballo deste equipo técnico do Concello.

A entrada é de balde, pero a cambio os bombeiros solicitarán aos visitantes alimentos non perecedeiros ou xoguetes que enviarán ás entidades Redeaxuda e Bovida.

O parque estará aberto de 10.00 a 14.00 horas.