O mercado de abastos acolle a feira “Ponte doce” de doces de convento

107

A praza de abastos de Pontevedra acolle dende hoxe e até o 19 de decembro a terceira Feira de Doces de Convento “Ponte doce”, que se poderán comprar de 10 a 14.30 horas e de 17 a 20.00 horas, de luns a sábado (o domingo permanecerá pechado).

A feira trae novidades:

  • Carmelitas Córdoba: Doces sen azucre. Este convento foi elixido este ano como o mellor da repostería monacal.
  • Jerónimas Morón: O seu principal produto son as galletas de almorzo e as tortas de ajonjolí, unha especie de polvorón típico de Andalucía.
  • Cister Sobrado: Da súa explotación de vacuno elaboran un exquisito doce de leite.
  • Dominicas Sevilla: Neste convento elabóranse as famosas “Avemarías” chamadas así porque o tempo de elaboración da masa son o rezo de 40 avemarías.
 E tamén as especialidades que xa coñecemos de edicións anteriores:
  • Benedictinas Trasmañó: Elaboran tres tipos de pastas, louras, nata e bolas.
  • Benedictinas Cuntis: Destacan principalmente os almendrados cuxa receita conserva intacta desde fai centos de anos.
  • Dominicas Viveiro: É un produto caro, pero é boísimo; posiblemente sexa a mellor repostería monacal de Galicia. A Tarta Real é como a de Santiago pero por fóra vai cuberta de almendra fileteada. Os turróns son dunha calidade inmensa e destaca principalmente o de Cointreau.
  • Benedictinas Santiago: Dos máis coñecidos da Galiza.
  • Dominicas Santiago: As pastas de té son posiblemente das mellores que se elaboran en toda a repostería monacal.
  • Clarisas Estepa: É o convento coa primeira pastelería de España. Desde o ano 1599 elaboran os famosos mantecados de Estepa. Os mantecados que se venden por aí adiante son de receita orixinaria do convento que cedeu ao pobo de Estepa en época de fame no século XVII. Os pasteis de gloria deste convento son diferentes ao resto, no canto de ser mazapán con xema, é mazapán con cidra (puré de cabelo de anxo).
  • Agustinas Sevilla: Deste convento vén o doce de convento máis cobizado, as famosas xemas de San Leandro. Cada xema leva sobre dez minutos facela xa que se fai de ovo hilado. A receita data do ano 1763.
  • Clarisas de Úbeda: As súas madalenas son das mellores que hai en toda a repostería monacal. Elabórase co aceite de oliva que lle regalan as cooperativas aceiteras da provincia con máis olivos: Jaén. As súas tortas de bizcocho tamén son moi boas.
  • Agustinas Fregenal: Son unhas receitas antiquísimas, do século XVIII. Elaboran un doce típico de Estremadura que se chama “perrunillas” que é unha especie de pasta dura de almendra.
  • Trinitarias Quintanar: Boísimas as figuritas de mazapán. Posiblemente sexan as mellores.
  • Clarisas Ávila: Incrible presentación dos seus turróns. Calidade extraordinaria. Elaboran o mellor Pan de Cádiz da repostería monacal
  • Clarisas Alcalá de Guadaira: O seu produto véndese tamén no club do gourmet do Corte Inglés. Produto de grandísima calidade. Grandes mestras en todo o relacionado coa xema. Os seus corazóns de almendra (corazóns de bispo) son os mellores da repostería monacal.
  • Clarisas Ronda: Todo o produto faise de xeito totalmente artesanal. O batido das masas neste convento aínda faise por “rezo” non por “tempo”. Gran calidade dos seus mantecados, polvorones e roscos de viño.
  • Clarisas Astudillo: Destacan principalmente as súas trufas elaboradas con nata e whisky
  • Clarisas Valladolid: Elaboran uns sobaos espectaculares e a súa principal receita son os “amarguillos” que son uns doces elaborados cunha pasta de almendra.