(en)Volve procura 400 cómplices dos Reis Magos

147

Ningún neno ou nena sen agasallo de Nadal. A Oficina Municipal de Voluntariado (Oficina VOU) comeza co programa (en)volve, coa fin de facer que tódolos nenos e nenas teñan este Nadal o agasallo que piden na súa carta aos Reis Magos. Bota a andar co obxectivo de acadar os 400 cómplices.

As persoas interesadas en colaborar coa iniciativa ten que cubrir una  icha coa que comprométese a ser cómplice dos Reis Magos no programa (en) Volve, entregando un agasallo dun importe máximo de 30 euros que se atope na carta que reciba dun neno o nena seleccionado polos Servizos Sociais Municipais.

A data límite para facerse cómplice é o día 23 de decembro e o xoguete entregarase antes do 31 de decembro na Casazul (rúa Sor Lucia, 2. Sala Gafos), en horario de 10 a 13 horas e de 17.30 a 20.30 horas, de luns a venres.

Dende a VOU e a Concellería de Benestar Social infórmase de que non se recollerán xoguetes usados

A información e novidades ao detalle do programa pode seguirse no Facebook EnVolveCasazul.