“Novos Cinemas”, días de bo cine na cidade

98

Pontevedra xa ten o seu festival. Daniel Froiz, director executivo do festival, Anabel Gulías, Concelleira de promoción económica e turismo de Pontevedra e Juan Manuel Corbacho, Vicerreitor do Campus de Pontevedra, inauguraban onte a edición Ø de Novos Cinemas nunha recepción na Casa da Luz, onde se deron citadiferentes axentes do sector cinematográfico galego e da cudade de Pontevedra.

Durante a presentación quedou patente a necesidade suplida dun festival de cine en Pontevedra, cunha liña relevante e necesaria dentro dunha cidade que abandera a cultura como algo fundamental.

A edición Ø daba o seu pistoletazo de saída cunha proxección especial da cinta “Os400 golpes” (François Truffaut, 1959) para escolares de entre 7 e 13 anos. Os novos espectadores dos centros educativos IES Sánchez Cantón, IES Luis Seoane, CEIP A Rúa e Doroteas Pontevedra poideron disfrutar da primeira obra do director francés.

Ao mesmo tempo comezaba a primeira sesión do seminario ” Só se fai unha primeirapelícula unha vez. Obradoiro amateur de cómo (non) facer unha película hoxe”, impartido por Javier Rebollo. O cineasta analiza neste obradoiro a posibilidade doazar na ficción, así como as disquisiciones nas que o realizador se atopa cando se enfronta á súa ópera prima. “As boas películas teñen partes planificadas e partes improvisadas”, mantiña o director, deixando claro que unha película que se realiza dende a absoluta planificación, dalgunha forma, nace morta. No seminario hai inscritas 40 personas, entre estudantes, profesionais e amantes do cinema.

Na fin de semana a programación continúa. O sábado comeza a xornada cunha mesaredonda no Museo de Pontevedra ás 17:00 na que Javier Rebollo, as autoras de “As amigas da Ágata”, Laia Alabart, Alba Cros, Laura Rius e Marta Verheyen, e o cineasta galego Mario Iglesias, falarán sobre a necesidade de filmar e a experiencia de realizar a primeira película.

Ás 19:00 proxectarase a película Un poeta novo” (Francia), coa presenza e coloquioposterior co actor protagonista, Rémi Taffanel, e ás 21:00 será a quenda de “As amigas da Ágata”, tamén con encontro coas directoras.

Ambas sesións supoñen a estrea en Galicia de estas obras. As proxeccións terán lugar no Teatro Principal, sede de Novos Cinemas.