Bo ritmo nas obras de construción da praza do Hospital

76

A maior parte das obras municipais vivirán nestas festas un pequeno parón, asociado á parada da construción en datas da Nadal. O concelleiro de Obras, Luís Bará explicou que as obras do Hospital van a bo ritmo, especialmente agora que se empeza a colocar a lousa en superficie. De feito, se espera que a obra remate no mes de marzo.

Outra das obras en marcha é a reurbanización dos Campos, que sufriu un pequeno atraso debido á decisión de Fenosa de soterrar a liña de media tensión que servía -até o de agora- como glorieta neste barrio da cidade. Unha vez acordada coa empresa que executa os traballos de urbanización, a liña será soterrada e está previsto que os traballos rematen nuns catro meses.

Na parcela de Pasarón, que comezaron as obras o pasado día 9, manteranse durante todo o Nadal. O seu prazo de execución é duns catro meses.

O concelleiro de Mobilidade explicou que está pendente de adxudicar as obras de reforma das rúas José Millán e Javier Puig, así como os contratos de sinalización vertical-horizontal e o contrato de mantemento das vías urbanas.