Ludonadal completa as súas prazas con 220 rapaces inscritos nestas vacacións

63

As ludotecas de Nadal “Ludonadal” que oferta para este Nadal a Federación de Asociacións de Nais e Pais (FAMPA) de Pontevedra e a Concellaría de Educación pechou o venres o prazo de inscrición con 220 nenos e nenas inscritos. A concelleira Carmen Fouces indicou que todas as ludotecas que se ofertaron se porán en marcha, algunhas totalmente completas e outras con menos nenos, pero todas se activarán.

O obxectivo destas ludotecas é fomentar o compañeirismo, igualdade, solidariedade, respecto a diversidade e por enriba de todo xogo e diversión.

As ludotecas desenvolveranse do 21 de decembro até o 5 de xaneiro. As listaxes de admitidos están publicados na web da FANPA nontedurmas.org e o prazo de pago das ludotecas será até mañá, 16 de decembro. O día 18 celebrarase unha sesión informativa sobre o programa en detalla no local a FANPA.

Ludonadal está destinado para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Terá cinco sedes: os colexios públicos de Campolongo, Barcelos (en lingua inglesa), Marcos da Portela, Vilaverde-Mourente e Cabanas-Salcedo. A programación inclúe saídas ao exterior co fin de participar en actividades de rúa ou citas de Nadal programadas en outros espazos.

            Teatro de balde

No marco das actividades de lecer para os máis pequenos e coa colaboración da Concellería de Cultura está programada unha sesión de teatro de monicreques de balde para o día 23 de decembro, ás 18 horas a cargo do grupo Tanxarina, no Teatro Principal.

Aínda que a entrada é de balde até completar o aforo, tense que coller o ticket na billeteira.