Os furanchos poderán comezar a súa actividade en xaneiro

56

A Xunta de Goberno modifica a ordenanza de furanchos ou loureiros do municipio co fin de que podan comezar a tempada no mes de xaneiro.

Aténdese así a unha demanda do propio sector que pediron ampliar o período para non ter que coincidir todos a mesmo tempo abertos o que lles beneficiará a todos xa que se recorta a potencial competencia, segundo explicou o portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo.

A modificación non afecta a outras cuestións como o período máximo de apertura dos furanchos que se mantén en tres meses así como o peche de tempada en xuño.