Redeaxuda pide que as donacións de Nadal se axusten ás necesidades das entidades sociais

64

Con motivo do Nadal, e atendendo ao espíritu solidario que envolve aos pontevedreses nestes datas, Redeaxuda quere agradecer a todas as persoas e entidades as súas donacións para facer máis grata estas celebracións.

Aproveitando a ocasión tamén lle gustaría trasladar aos veciños e veciñas de Pontevedra que eses donativos se poidan axustar ás peticións concretas que neste momento estean colgadas na páxina web de Redeaxuda.

Na actualidade as empresas que integran Redeaxuda solicitan o seguinte:

Fundación Meniños

  • Material escolar
  • Mobiliario para habitacións de nenos e nenas
  • Cueiros tallas 3, 4 e 5

Cáritas Interparroquial

  • Cueiros de bebé
  • Diñeiro

Calor y Café

  • Calcetíns
  • Leito
  • Azúcar
  • Cacao
  • Galletas
  • Aceite
  • Café
  • Diñeiro para mercar produtos frescos
  • Roupa interior

Comedor de San Francisco

  • Carne
  • Fiambres
  • Polo