O pasado, presente e futuro do mellor atletismo pontevedrés, na Casa da Luz

150

A Casa da Luz acollerá o próximo luns, 21 de decembro, ás 20.30 horas, unha homenaxe ao mellor atletismo pontevedrés no que deportistas de elite de onte, de hoxe e os chamados a escribir moitas páxinas de gloria no futuro compartirán experiencias, conversa e tempo con todos os seareiros e amantes do deporte en xeral que se acheguen ao encontro.

José Luis González , marca de España dende 1985; Manuel Carlos Gayoso , olímpico en 1972, campión de España dúas veces e membro da selección europea na histórica Europa-América; Solange Pereira , a atleta co maior número de vitorias de milla no 2015 e Adrián Ben, marca mundial xuvenil e con todos eles o pentacampión de triatlón Javier Gómez Noya.

O evento que permitirá render homenaxe a un esquecido Manuel Carlos Gayoso está organizado polo recen constituído Club de Atletismo Miler e patrocinado pola Concello.

Pontevedra ten no deporte un activo, subliña a concelleira Anxos Riveiro quen explicou que o Concello abre a Casa da Luz a eventos que promocionan, ao universo das industrias culturais e a cretividade e agora tamén ao mundo do deporte, baixo a marca Pontevedra ten un puntazo.