Cerponzóns fai achegas para optar aos fondos europeos DUSI

72

Os concelleiros Pilar Comesaña e Demetrio Gómez reuníronse co consello parroquial de Cerponzóns para presentarlles a convocatoria dos proxectos DUSI (Desenvolvemento urbano sustentábel e integrado) e os orzamentos municipais para o ano 2016 e darlle a para a zona.

O Concello de Pontevedra vai a optar aos fondos DUSI da Unión Europea para o desenvolvemento urbano sustentábel e integrado, unhaconvocatoria que a participación e un dos seus eixos esenciais. Pontevedra optará aos fondos por un importe de 18 millóns de euros xa que os criterios de selección (económicos, ambientais, sociais e demográficos) axústanse ao modelo urbano local. Propostas vencelladas a extensión do modelo de mobilidade ás parroquias, á recuperación do patrimonio natural e cultural, actuacións a prol da integración e loita contra o pobreza, ao fomento do turismo ou iniciativas de achegamento dos cidadáns á administración terían cabida na convocatoria.

Antes de con Cerponzóns os representantes municipais xa tiveron encontros cos consellos parroquias de Tomeza, Salcedo e Lourizán.

Os asistentes ao consello parroquial de Cerponzóns pedíronlle aos concelleiros que avaliasen a inclusión dunha serie de suxestións:

. Crear unha zona de lecer no Caeiro

. A recuperación de muíños e o arranxo de lavadoiros en mal estado

. Facer un proxecto de eficiencia enerxética para o campo de fútbol

. Roteiros peonís e ciclistas que conecten a parroquia coa cidade,

aproveitándose os camiños existentes cando sexa posíbel.

. Facer un parque na zona da igrexa e acondicionamento da pista que sube

ata dita zona.

. Mellorar o alumeado dende Tilve até A Hermida

. Parque forestal Chan do Monte

. Instalar paneis solares nos edificios ou instalacións públicas da parroquia.

. Construír un paso elevado no cruce a Reiriz.