O Pazo da Cultura recibe o 2016 cun Concerto de Aninovo con ballet

50

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta mañá o Concerto de Aninovo que se ven celebrando dende hai 4 anos no Pazo da Cultura. Este proxecto, que auna os esforzos e o talento da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o BalletNorte, terá lugar o día 1 de xaneiro, primeiro de ano, ás 19:00 horas no Pazo da Cultura.

A concelleira, que agradeceu repetidamente a colaboración destas dúas agrupacións e do director convidado, Fernando L. Briones, destacou a boa acollida desta iniciativa “ cada ano ben máis xente e iso que é un día complicado. É unha proposta que gusta e que atrae novos públicos á música clásica. Empezamos a programación cultural do vindeiro ano dun xeito forte e aproveirarmos para dar a c coñecer avances do 1º sementre.

Pola súa banda, o Presidente da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Ignacio García, destacou o traballo que realizan durante meses “aínda que só ensaiemos co ballet dous días, hay moito traballo detrás que as veces non se ve. Cada ano buscamos un director para ver puntos de vista distintos e o feito de contar co ballet e algo excepcional. A preparación do programa require moito tempo xa que na 1ª parte pretendemos darlle visibilidade ao director, neste caso Fernando Briones, con música española e na 2ª parte xa será concerto máis tradional de valses e polkas de Strauss Jr.”

O director convidado asegura que “estou encantado de dirixir á OFCP neste concerto de Aninovo. Vai ser moi interactivo e haberá sorpresas. Imos empezar o ano con moita enerxía e ganas o día 1, que normalmente é un día que non existe e saltamos directamente do 31 ao 2”.

Paloma Pérez Colomer, destacou a labor de Mercedes Suárez como coreógrafa do BalletNorte que “é unha agrupación nova, pese a que todos son excompoñentes do Centro Coreográfico Galego con moitísima experiencia, ilusionada e con ganas de traballar”. Non deixou de agradecer ao Concello a súa aposta pola danza, destacable nestes tempos.

O programa do concerto estará composto polas seguintes pezas e algunha sorpresa que non se pode desvelar e contará con 4 intervencións do BalletNorte (3 parellas de bailaríns e bailarinas)

I Parte:

  1. de Falla: El sombrero de tres picos, (Suite nº1)
  2. Rimsky-Korsakov: Capriccio espagnol, Op. 34

II Parte:

  1. Strauss Jr.: Die Fledermaus (O Morcego)
  2. Strauss Jr.: Annen Polka, Op. 117
  3. Strauss Jr.: Kaiser-Walzer, Op. 437
  4. Strauss Jr.: Tritsch-Tratsch Polka, Op. 214
  5. Strauss Jr.: Perpetuum Mobile, Op. 257
  6. Strauss Jr.: Frühlingsstimmen (Voces de Primavera), Op. 410
  7. Strauss Jr.: Unter Donner und Blitz (Tronos e Lóstregos), Op. 324

As entradas están xa á venda aticipadamente en Ataquilla.com a un prezo de 12€ (10€ para estudantes, parados e xubilados) e, no caso de non esgotarse na venda anticipada, 2h. antes na billeteira do Pazo.