Os traballadores de Cespa entregan un cheque de 876 euros a Redeaxuda

82

Os traballadores da empresa concesionaria do servizo municipal de recollida de lixo e limpeza, Cespa, fixeron un colecta solidaria por Nadal. Os cartos recadados -876 euros- teñen como destino aRedeaxuda.

O comité de empresa fixo unha entrega simbólica dos cartos a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, que agradeceu a achega e a solidariedade amosada sempre por este colectivo de traballadores. Até este ano entregaban alimentos que tamén recollían entre a plantilla pero nesta ocasión optouse polos cartos co fin de axudar a cubrir necesidades sociaismás amplas.

O diñeiro quedará depositado no HiperFroiz, no que ademais de alimentos hai téxtil, material escolar e para o fogar, co obxectivo de que as organizacións coordinadas por Redeaxuda dispoñan dun fondo para comprar a largo do tempo as cousas que precisen.

Até o Concello achegáronse os membros do comité: Carlos Corredoira, Javier Dapena, Ramón Vega, Constante Peon, Manuel Gullán, Ana Salguerio, Manuel Iglesias, José Antonio Casas e Roberto García.

Explicaron que fixeron a colecta en dúas semanas