Luz verde a unha provisión pública de interinos para o Concello

130

A Xunta de Goberno deu hoxe luz verde acreación dunha provisión pública de interinos para o Concello. O portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo explicou que as prazas previstas para ter unha lista de potenciais candidatos son de técnico/a do grupo A, de enxeñeiro/a técnico industrial e traballador/a social.

Na Xunta de Goberno aprobouse tamén a adxudicación do contrato de mantemento das vías públicas urbanas para os próximos tres anos. A empresa adxudicataria é E.C. Casas que recibirá 618.000 euros, IVE incluído polo contrato trianual.

Por outra banda o Concello recibiu a certificación de 31 obras executadas ao amparo do ARI de Estribela. Os traballos de rehabilitación feitos corresponden cun único edificio, da avenida Montero Ríoss. As axudas individuais concedidas suman un total de 170.867,37 euros.